Real Decreto Lei 36/2020 polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O BOE do 31 de decembro de 2021 publica o Real Decreto Lei 36/2020 do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Esta norma ten por obxecto establecer as disposicións que faciliten a programación, orzamento, xestión e execución das actuacións financiables con fondos europeos, en especial os provenientes do Instrumento Europeo de Recuperación (Next  Generation  EU), coa finalidade de:

  • Impulsar o crecemento económico e a creación de emprego, recuperar e reparar os danos da crise ocasionada pola pandemia do  SARS- CoV-2.
  • Promover un proceso de transformación estrutural mediante o impulso do investimento público e privado e o apoio ao tecido produtivo, a aceleración da dobre transición ecolóxica e dixital, e o reforzo e aumento da  resiliencia e da cohesión económica, social e territorial no marco do mercado único europeo.

Para acadar a finalidade pretendida de simplificar e axilizar a tramitación dos procedementos vinculados á execución dos Fondos Europeos céntrase en tres factores principais da xestión pública: contratación, subvencións e xestión e control orzamentario, sen prexuízo de axustes concretos en materia de dixitalización, convenios e algunhas novidades como a recuperación das axencias estatais e a creación de novos mecanismos de colaboración público-privada.

Ademais, créase a estrutura que vai determinar a xestión dos fondos:

1. Unha Comisión para a Recuperación, Transformación e  Resiliencia será a encargada de dirixir e coordinar o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

2. Crearase un Comité Técnico, que dará soporte técnico e legal á Comisión.

3. O Departamento de Asuntos Económicos e  G20 da Presidencia do Goberno será o encargado de realizar o seguimento do Plan de Recuperación Transformación e  Resiliencia.

4. Co fin de fomentar a participación social, a Real Decreto-lei tamén contempla a posibilidade de que os ministerios cren e impulsen foros e grupos de alto nivel dos principais sectores implicados.

5. Unha conferencia sectorial que canalizará a participación das comunidades autónomas e entidades locais.

O centro directivo do Ministerio de Facenda con competencia en materia de fondos europeos (actualmente, a Secretaría Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda) será responsable ante as institucións europeas para a rendición de contas e o control dos mecanismos do Instrumento Europeo de Recuperación. Desta Secretaría Xeral dependerán a Dirección Xeral de Fondos Europeos, con oito Subdireccións xerais ao seu cargo, a Dirección Xeral do Plan e do Mecanismo de Recuperación e  Resiliencia, con catro subdireccións xerais, e o Gabinete Técnico.

 

Fonte: Federación Española de Municipios e Provincias

Arquivos: