Data:
Para este ano 2021, no marco deste segundo eixo do programa extraordinario de Plans de Sostinibilidade Turística en Destinos no 2021 e pola excepcionalidade do evento, acordouse en Conferencia Sectorial de 28 de xullo de 2021 que o Plan anual tivese como prioridade para 202 o Xacobeo para a realización de actuacións no ámbito do Camiño de Santiago. No ano 2021 estase celebrando o Ano Santo Compostelano, que se extenderá ao seguinte ano debido á situación excepcional provocada pola pandemia, en paralelo, á Estratexia de Sostibilidade Turística en Destinos aprobou o Plan Nacional Xacobeo 2021-2022 pois este feito constitue un acontecemento de excepcional interese público e é un momento de grande dinamización cultural, social e turística do Camiño.
Entidades beneficiarias e importes máximos das subvencións:
Comunidade Autónoma de Galicia: 8.390.000 euros
Comunidade Foral de Navarra: 5.830.000 euros
Comunidade Autónoma do Principado de Asturias: 5.300.000 euros
Comunidade Autónoma La Rioja: 2.980.000 euros
Concello de Sotonera: 1.992.600 euros
Concello de Albentosa: 1.992.600 euros
Concello de Tapia de Casariego: 1.642.500 euros
Concello de Salas: 1.000.000 euros
Deputación Provincial de Palencia: 2.000.000 euros
Concello de Benavente: 3.000.000 euros
Concello de Bilbao: 2.648.448 euros
Concello de Vilagarcía de Arousa: 2.490.852 euros
Mancomunidade do Salnés: 2.116.000 euros
Concello de Oia: 1.500.000 euros
Deputación Provincial de Pontevedra: 2.069.000 euros
Actuacións financiables vinculadas ao Camiño de Santiago:
a) Todas aquelas que se orienten á mellora da mobilidade sostible
b) A sinalización e a accesibilidade do segmento do Camiño
c) A rehabilitación ou posta en valor dos bens culturais, o embelecemento dos cascos históricos, as rehabilitacións sostibles
d) Todas as actuacións previstas no apartado 6 da Estratexia de Sostibilidade Turística en Destinos que contribuan a mellorar o destino e a experiencia do Camiño de Santiago e a homoxeneidade da paisaxe urbana ao longo do itinerario compostelán
O prazo de execución das actuacións subvencionables obxecto será ata o 31 de outubro de 2025
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 335.38 KB |