Cuestionario - Proxecto para a implantación de sistemas de recollida eficientes que melloren as taxas de reciclaxe a nivel local - MITECO

Data: 

venres, 21 Outubro, 2022 (Todo o día)

 

O MITECO presentou ás entidades locais o <<Proxecto para a implantación de sistemas de recollida eficientes que melloren as taxas de reciclaxe a nivel local>> o pasado 20 de setembro, e explicaron as actuacións que se van desenvolver e os resultados que se esperan obter. Toda a información que se xere, as xornadas de capacitación que se organicen, etc. difundiranse a todas as entidades locais a través da Comunidade Autónoma, da FEMP e FEGAMP.

Nos documentos adxuntos pódense consultar as presentacións empregadas. 

 

Nesta primeira fase do proxecto, as entidades locais interesadas en:

  • Incorporar no plan de acción aspectos que consideren útiles para implantar a recollida separada.
  • Compartir boas prácticas que se estean levando a cabo nas entidades locais.
  • Definir prioridades de formación e capacitación.
  • Aportar información sobre os obstáculos experimentados para a implantación da recollida separada,

poden facer cumprimentar o formulario adxunto e remitilo á Fegamp, ao enderezo electrónico lucia.gonzalez@fegamp.gal, que canalizará todas as aportacións e peticións cara o MITECO.

O prazo para facelo está aberto ata o 21 de outubro de 2022.
 

Por outra banda, dentro do proxecto contémplanse xornadas de formación, que está previsto que comecen a finais de 2022 ou principios de 2023. Estas xornadas adaptaránse ao tipo de municipio (rural ou urbano), a súa experiencia previa en recollida separada e o perfil dos asistentes (técnico ou de xestión). As xornadas celebraranse en formato a distancia e a participación nas mesmas será libre e gratuíta. Dende a Fegamp darase traslado da información oportuna sobre a súa convocatoria e inscrición. 

 

Descargas: