A iniciativa galega de concellos emprendedores vén desenvolvéndose desde o ano 2017, tras a firma deste Protocolo Xeral de Actuación entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia.
Tras a modificación introducida pola Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a iniciativa galega de concellos emprendedores adquiriu rango legal. Concretamente, a regulación desta iniciativa recóllese no título VI (artigos 78 e seguintes) do antedito texto legal, modificado recentemente pola Lei 10/2023, do 29 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
INFORMACIÓN DE INTERESE:
- Trámites para ser un concello emprendedor: https://oficinaeconomica.xunta.gal/quero-ser-concello-emprendedor
- Procedemento habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia para solicitar a adhesión a esta iniciativa: IN229A
- Páxina web: https://oficinaeconomica.xunta.gal/concellos-emprendedores
Máis información: Servizo de Apoio Técnico/ Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación (Tfno.: 881 958 642 e correo electrónico: vicesecretaria.cei@xunta.gal)
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
Texto do Protocolo | 1.28 MB |
Addenda ao Protocolo | 541.99 KB |
Requisitos para adquirir a condición de concello emprendedor | 54.34 KB |