Data:
A Fegamp xunto coa Consellería do Medio Rural, a Direccción Xeral de Administración Local e Seaga, organiza unha xornada de presentación do Programa piloto de trampeo da vespa velutina nos concellos galegos.
Esta xornada terá lugar o día 18 de abril á partir das 16:30 horas no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita en rúa Madrid, nº 2 Santiago de Compostela.
Dada a elevada incidencia da vespa velutina no noso territorio e a importancia de reforzar os labores para o seu control que se están a realizar dende as entidades locais, convídámosvos a participar nesta xornada.
>>>> INSCRICIÓN NA XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA PILOTO DE TRAMPEO DA VESPA VELUTINA
Ao mesmo tempo, e co obxeto de coordinar os esforzos das administracións púlicas no control desta praga, solicitamos a vosa colaboración para coñecer se no teu concello se están levando a cabo actuacións de trampeo, as características das trampas empregadas e os recursos dispoñibles/empregados nestas tarefas.
>>>> SONDAXE SOBRE ACTUACIÓNS DE TRAMPEO DA VESPA VELUTINA NOS CONCELLOS GALEGOS