PROGRAMA "MES DO COOPERATIVISMO EN OURENSE"

O Concello de Ourense e a  Agrupación de concellos de Ourense (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense) como Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social integrada na Rede Eusumo da Xunta de Galicia, organizan este programa formativo que terá lugar durante todo o mes de setembro e que está conformado por un conxunto de actividades que permitirán aos asistentes identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión do proxecto e crecer en novos mercados en torno á economía social.

Este programa estrutúrase a través de 3 bloques de actividades enfocados a axudar as persoas e emprendedores independentemente na fase de proxecto na que se atopen: CREA e INNOVA,  XESTIONA e CRECE.

Este proxecto é unha clara aposta por a economía social como o modelo empresarial que mellor se adapta á nova economía de mercado e aos novos tempos porque ser as empresas que mellor se adaptan á nova contorna máis social, por ser ás máis eficientes, onde as persoas son o recurso máis valioso,  que son pola súa natureza as máis colaborativas e que facilitan a responsabilidade social e a sostibilidade.

INSCRICIÓNS: As actividades teñen caracter gratuíto.

Prazo de inscrición: día anterior ao comezo de cada actividade/curso. Prazas limitadas a 20 persoas por actividade.

Entregarase diploma de acreditación de participación

Máis información e inscricións: www.ourensecooperativa.gal  /  comunicacion@ourensecooperativa.gal

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Cartel330.35 KB
PDF icon Folleto informativo das actividades423.32 KB