PROGRAMA FORMATIVO E ASESORAMENTO SOBRE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES NAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS 2022

Data: 

mércores, 9 Marzo, 2022 (Todo o día) a luns, 2 Maio, 2022 (Todo o día)

 

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), no marco da colaboración coa Fundación Mulleres, presentan a súa oferta formativa en materia de igualdade no marco do Proxecto DANA + para o persoal das entidades locais das CC.AA. de Galicia, Asturias, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana e Andalucía.

O proxecto Dana + incorpora tamén un servizo de asesoramento totalmente telemático dirixido a concellos interesados na reesolución de dúbidas e consultas acerca da integración da igualdade na xestión de recursos humanos nas políticas públicas, acompañamento para a posta en marcha de actuacións de igualdade de forma individualizada por parte de asesoría especializada en materia de igualdade.

O proxecto DANA + está cofinanciado polo Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social do Fondo Social Europeo, entre cuxos obxectivos están impulsar a integración do principio de igualdade nas administracións públicas e mellorar o coñecemento sobre a discriminación de xénero propiciando unha contorna laboral mais favorable para as mulleres.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMACIÓN 2022604.85 KB
PDF icon CIRCULAR INFORMATIVA DANA +220.64 KB
PDF icon OFERTA ASESORAMENTO440.58 KB
galer_a_fotos