PROGRAMA DE FOMENTO DA REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA E RURAL DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021. PRAZO: 10-07-2019

Data: 

martes, 11 Xuño, 2019 (Todo o día) a mércores, 10 Xullo, 2019 (Todo o día)

 

Instituto Galego da Vivenda e Solo 

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2019 pola que se modifica a Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018–2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa, e pola que se convoca a participación neste programa para a anualidade 2019 (código de procedemento VI408K).

No Boletín Oficial del Estado núm. 61, do 10 de marzo de 2018, publicouse o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Mediante a Resolución do 3 de agosto de 2018 regulouse o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, abriuse o prazo de presentación de solicitudes e establecéronse as bases reguladoras das axudas previstas para este programa (Diario Oficial de Galicia, núm. 156, do 17 de agosto de 2018).

Neste exercicio 2019 o Instituto Galego de Vivenda e Solo, mantendo o interese por este Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, pretende dirixir estas axudas a aqueles concellos que, tendo áreas de rehabilitación integral declaradas, non recibisen financiamento con cargo á citada Resolución do 3 de agosto de 2018 ou que, téndoo recibido, xa o tivesen totalmente comprometido con cargo ás súas anteriores convocatorias.

Con este obxectivo, tramítase esta resolución, que non ten contido económico, coa que se modifican varios aspectos da Resolución do 3 de agosto de 2018, referidos aos requisitos de participación dos concellos, así como ao importe das axudas contidas nas bases reguladoras e á adaptación dos seus anexos aos actuais modelos normalizados. Así mesmo, convócase a participación neste Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural para esta anualidade de 2019.

Prazo

Os concellos interesados en participar neste programa no ano 2019 deberán presentar a súa solicitude nun prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. (DOG Nº. 108, publicado o 10 de xuño de 2019).

Descargas: