PROGRAMA DE AXUDAS A MUNICIPIOS PARA A IMPLANTACIÓN DE ZONAS DE BAIXAS EMISIÓNS E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E SOSTIBLE DO TRANSPORTE URBANO. PRAZO: 30-09-2021

Data: 

martes, 24 Agosto, 2021 (Todo o día) a xoves, 30 Setembro, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Orde Ministerial TMA/892/2021, do 17 de agosto, pola que se aproban as bases reguladoras para o Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e apróbase e publica a convocatoria correspondente ao exercicio 2021. BDNS (Identif.): 576282.

Obxecto

Subvencións a actuacións que contribúan á consecución de obxectivos específicos, vinculados aos obxectivos xerais do compoñente 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cos que se pretende conseguir unha mellora da calidade do aire e redución do ruído nas contornas urbanas, o impulso da descarbonización da mobilidade urbana a través de diferentes medidas dirixidas ao propio tecido da cidade e as súas infraestruturas, así como á potenciación e optimización do transporte urbano e metropolitano.

Beneficiarios

- Municipios que sexan capitais de provincia.

- Municipios de máis de 50.000 habitantes.

- Municipios de máis de 20.000 habitantes que dispoñan dun servizo de transporte público colectivo urbano interior, e dun Plan de Mobilidade Sostible.

- Agrupacións de municipios que se constitúan conforme ao artigo 11.3 da Lei Xeral de Subvencións e ao artigo 67 do Real Decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro; sempre que todos os membros da Agrupación sexan municipios dos enumerados anteriormente.

- Entes locais supramunicipais que agrupen varios municipios, creados por normas de rango legal e que teñan atribuídas competencias en materia de transporte público urbano colectivo.

Contía

Contía máxima: 1.000.000.000 euros. Este importe distribúese en 3 anualidades: 0 euros en 2021, 675.000.000 euros en 2022 e 325.000.000 euros en 2023. Da contía total máxima resérvanse 100.000.000 euros para a subvención de solicitudes presentadas por agrupacións de municipios ou entes locais supramunicipais, que se non se esgotan, acumularanse á liña de crédito xeral.

O importe da subvención non poderá exceder destes límites:

- Municipios de máis de 50.000 habitantes ou capitais de provincia: poderán agrupar as súas actuacións en 2 Solicitudes independentes. Aplícase un límite de 45 euros por habitante para a Solicitude 1 e 30 euros por habitante para a Solicitude 2.

- Municipios de máis de 20.000 habitantes: 45 euros por habitante.

- Agrupacións de municipios: 20 euros por habitante con respecto á poboación total residente no conxunto de municipios agrupados. En calquera caso, aplicarase un límite máximo de 40.000.000 euros para cada solicitude.

- Entes locais supramunicipais: 20 euros por habitante con respecto á poboación total residente no conxunto de municipios que integren esa entidade, considerando no cómputo unicamente os municipios que cumprirían as condicións para ser beneficiarios a título individual. En calquera caso, aplicarase un límite máximo de 40.000.000 euros para cada solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da data de publicación da Orde Ministerial TMA/892/2021 no Boletín Oficial do Estado, e finalizará o 30 de setembro de 2021.

 

Descargas: