Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano

No BOE do 16 de outubro de 2021, publicouse a Orden TES/1121/2021, de 11 de octubre, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones públicas, destinadas a la financiación del «Programa de Apoyo a mujeres en los ámbitos rural y urbano», en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

enlightenedCal é o obxecto destas axudas?

O «Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano» diríxese á mellora da capacitación das mulleres das áreas rurais e urbanas, supoñendo así un apoio operativo ao obxectivo estratéxico do Investimento 2, «Emprego Muller e transversalidade de xénero nas políticas públicas de apoio á activación para o emprego», incluída no Compoñente 23 «Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico,  resiliente e inclusivo», encadrado na política panca VIII «Nova economía dos coidados e políticas de emprego» do Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia.

As subvencións reguladas nesta norma teñen por obxecto o financiamento dos itinerarios individualizados indicados no artigo 1 das bases reguladoras, que desenvolvan as mulleres participantes no «Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano» durante o seu período de execución plurianual entre os anos 2021 a 2025, podéndose integrar polas seguintes actuacións:

  1. Diagnose de empregabilidade e itinerario personalizado de inserción, que previo acordo persoal de emprego, identificará as actuacións que as participantes desenvolverán ao longo da súa participación no Programa e vertebrará a atención que se lles preste, incluíndo o seu calendario de realización, o seu sistema de seguimento e o resultado da súa realización respecto da evolución da súa empregabilidade.
  2. Accións de orientación laboral e para facilitar a procura de emprego das participantes, incluíndo actuacións de sensibilización e para o desenvolvemento de aspectos persoais para a ocupación, e sobre o proceso, técnicas, recursos e ferramentas de procura activa de emprego, confección do currículo, taller de entrevista de traballo, etc., así como información xeral sobre o mercado de traballo, en materia de autoemprego, sobre tendencias, oportunidades profesionais e alternativas laborais vinculadas ao territorio, prioritariamente, nos ámbitos indicados no artigo 4, e sesións motivacionais e de asesoramento sobre emprendemento e economía social ligadas a estas zonas.
  3. Accións formativas de cualificación e recualificación profesional, que principalmente versarán sobre contidos relacionados cos ámbitos e actividades profesionais sinalados no artigo 4, que permitan a adquisición de coñecementos técnicos e habilidades adecuadas e suficientes para desempeñar un traballo, preferentemente, en tales ámbitos laborais, ou a reciclaxe e actualización de coñecementos, procedementos, tecnoloxías ou novas tendencias, prioritariamente, nos ámbitos indicados.
  4. Talleres de competencias transversais (alfabetización dixital, traballo en equipo, xestión eficaz do tempo, orientación ao logro, entre outras) e de empoderamento para a integración laboral e social das participantes e o reforzo da igualdade no acceso ao emprego, atendendo ás singulares características do colectivo destinatario do Programa.
  5. Acompañamento durante o desenvolvemento do itinerario personalizado realizado polas participantes coa finalidade de efectuar o seu impulso e seguimento respecto da mellora da súa empregabilidade, así como acompañamento ao comezo da incorporación laboral.
  6. Incentivos á participación das mulleres no Programa ou pola súa incorporación laboral cando derive do itinerario personalizado que realizase, polos conceptos, condicións, contías ou tramos que estableza a administración laboral competente no seu respectivo ámbito de xestión.
  7. Prospección do mercado laboral do territorio no que se desenvolva o Programa, que permita a obtención de información actualizada sobre a situación económica e laboral da contorna, a identificación das necesidades de persoal do seu tecido empresarial, perfís laborais requiridos, captación de ofertas de emprego, así como a difusión do «Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano» e a proposta da candidatura das participantes para cubrir as vacantes detectadas nas empresas, todo iso con obxecto de cumprir o obxectivo de inserción laboral previsto no artigo 4 das bases reguladoras.

enlightenedQuen pode ser beneficiario?

Os potenciais beneficiarios serán as seguintes entidades:

a) No ámbito de xestión do Servizo Público de Emprego Estatal, para os fondos previstos no artigo 5.3, as corporacións locais e as entidades vinculadas ou dependentes das mesmas, preferentemente cunha poboación inferior a 5.000 habitantes. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades locais supramunicipais, que atendan preferentemente a mulleres residentes en municipios cunha poboación inferior a 5.000 habitantes.

b) No ámbito de xestión das comunidades autónomas, para os fondos previstos no artigo 5.4, serán beneficiarias as entidades que determinen as mesmas dentro dos órganos da administración da comunidade autónoma e os seus organismos autónomos, así como as demais entidades do sector público institucional e organismos públicos vinculados ou dependentes da administración da respectiva comunidade autónoma, e as corporacións locais ou entidades dependentes ou vinculadas a unha administración local do seu ámbito territorial, así como entidades locais supramunicipais. Así mesmo, as entidades xurídicas sen ánimo de lucro que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento de persoas desempregadas axustado ao seu perfil de empregabilidade en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia. En todo caso, atenderase preferentemente a mulleres residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes.

enlightenedCal é o prazo de presentación das solicitudes?

A convocatoria aínda non está aberta. 

enlightenedOnde se presentarán as solicitudes?

As solicitudes de subvencións dirixiranse á Dirección Xeral do Servizo Público de Emprego Estatal ou ao órgano competente da comunidade autónoma, segundo o ámbito da convocatoria.

Descargas: