Programa de Apoio Cartográfico a Concellos

Data: 

xoves, 28 Abril, 2022 - 11:00 a 12:00

 

O Instituto de Estudos do Territorio xunto coa FEGAMP reeditan unha nova convocatoria para suscribir un convenio  de colaboración cos concellos para a elaboración de cartografía dentro do proxecto colaborativo denominado Programa de Apoio Cartográfico a Concellos.

O IET elaborou un novo borrador de convenio, similar ao do ano 2021, no que se regulan as condicións para a contratación de bases topográficas a escalas 1/5.000, 1/2.000 e 1/1.000. (Esta última escala naqueles concellos onde existan voos fotogramétricos que a permitan realizar).

Para poñer en marcha este novedoso plan, é imprescindible saber que entidades locais terían interese en participar nel. É por isto que se solicita que faga unha expresión de interese a esta proposta coa superficie do concello a escala 1/2.000 e 1/1.000* que se pretenda obter, nas condicións iniciais que a continuación se detallan:

  •    A cartografía a escala 1/5.000 xerarase para todo o concello
  •    As zonas  a cartografar a escala 1/2.000 e 1/1.000 serán definidas polos propios concellos, tendo en conta que a cartografía a escala 1/1.000 tan só será posible obtela naqueles concellos que foron voados dentro do PNOA10_Galicia  https://ideg.xunta.gal/webapps/PNOA10/
  •     A cartografía a obter será compatible coa exisida nas Normas Técnicas de Planeamento e seguirá as especificacións de produto da BTUG e da BTG, estando orientado o seu uso mediante Sistemas de Información Xeográfica. 

Os custes do produto inicialmente estimados, sitúanse no seguinte rango de prezos:

  • 1/ 1.000 (para zona de núcleos) 47,92 €/ha
  • 1/ 2.000 (para zona de núcleos) 19,17 €/ha
  • 1/ 5.000 (para todo el término municipal) 4,79 €/ha

 

Pode facer a súa expresión de interese a través do seguinte formulario:

enlightenedenlightenedFORMULARIO DE EXPRESIÓN DE INTERESE 

Ten de prazo ata o 27 de abril de 2022.

Celebrarase unha reunión informativa por videoconferencia o día 28 de abril de 2022. Para participar nela, manifeste o seu interese a través do formulario arriba indicado.

Cabe aclarar que esta expresión de interese e a asistencia á reunión non o/a compromete a participar no futuro convenio, pero será de gran utilidade para concretar a súa redacción.