Primeiro contacto da FEGAMP e a Fundación Galega Muller Emprendedora

Data: 

xoves, 1 Outubro, 2026 (Todo o día)

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026.- A secretaría xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, mantivo un primeiro encontro con Ana Armada e María José Brión, presidenta e vicepresidenta da Fundación Galega Muller Emprendedora (FGME). 

Na reunión se presentaron as principais iniciativas da FGME no impulso e visibilización do talento e os proxectos liderados por mulleres en Galicia, ademais do labor desenvolvido polo seu novo padroado, renovado hai uns meses.