Primeira convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de iluminación exterior municipal (Proxectos Singulares Iluminación Municipal). Prazo: do 12-09-2023 ao 24-10-2023

Data: 

martes, 12 Setembro, 2023 (Todo o día) a martes, 24 Outubro, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

Extracto da Resolución do 20 de xullo de 2023 do Consello de Administración de E.P.E. Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), M.P. pola que se establece a primeira convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de iluminación exterior municipal (Proxectos Singulares Iluminación Municipal).

BDNS (Identif.): 709545

Finalidade

O desenvolvemento de proxectos para a renovación de instalacións de iluminación exterior municipal (Proxectos singulares iluminación municipal), que cumpran cos requisitos establecidos no anexo I das bases reguladoras, en calquera parte do territorio español. As axudas estarán condicionadas á implantación en España dos desenvolvementos ou proxectos que se realicen, así como ao cumprimento dos restantes requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios deste programa as entidades locais, segundo a definición do artigo 3 de Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Así mesmo, poderán ser beneficiarias deste programa as entidades públicas a quen se lles atribúa a xestión dos servizos públicos municipais de iluminación exterior, sempre que non se trate dunha entidade produtora de mercado ou que realice unha actividade económica pola que oferte bens ou servizos nun determinado mercado, o que deberá acreditarse conforme ao disposto polo artigo 12.4 e) da orde TED/388/2023, do 29 de marzo.

Bases reguladoras

Orde TED/388/2023, do 29 de marzo, pola que se aproban as bases reguladoras do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de iluminación exterior municipal, Proxectos Singulares Iluminación Municipal.

Orzamento da convocatoria

A dotación orzamentaria máxima inicial é de 100.000.000 euros, con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética, contribuíndo a alcanzar os obxectivos de redución do consumo de enerxía final, que fixa o artigo 7 da Directiva 2018/2002/UE, e as emisións de dióxido de carbono.

Outros datos

1. As axudas outorgadas neste programa de incentivos establécense na modalidade de préstamo reembolsable sen interese, e serán compatibles con outras axudas concedidas, para a mesma finalidade, por calquera Administracións públicas ou organismos ou entes públicos, nacionais ou internacionais, sempre que, de forma acumulada, non se supere o custo da actividade subvencionada.

2. Establécese un límite máximo de axuda para os proxectos que se presenten aos programas de incentivos obxecto da presente convocatoria, de 10.000.000 euros por proxecto e beneficiario, así como un investimento mínimo elixible por proxecto de 300.000 euros.

3. O réxime de concesión será o de concorrencia competitiva, conforme ao artigo 22.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e de acordo cos criterios establecidos nas bases reguladoras e na convocatoria.

4. As solicitudes para a obtención das axudas dirixiranse ao IDAE, e estarán dispoñibles para o seu enchemento e presentación no Portal de Axudas aloxado na sede electrónica do IDAE (https://www.idae.es), onde se dispoñerán os medios electrónicos de axuda necesarios.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 9:00 h do día 12 de setembro de 2023 e finalizará ás 14:00 horas do día 24 de outubro de 2023. Transcorrido o anterior prazo de presentación de solicitudes non serán admitidas máis solicitudes.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 709545): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/709545

-No IDAE (https://www.idae.es)

Descargas: