PREMIOS 'RAÍÑA LETIZIA 2015', DE ACCESIBILIDADE UNIVERSAL DE MUNICIPIOS. PRAZO: 12-06-2015

Data: 

mércores, 29 Abril, 2015 (Todo o día) a venres, 12 Xuño, 2015 (Todo o día)

 

Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

Resolución do 1 de abril de 2015, do Real Padroado sobre Discapacidade, pola que se convocan os Premios Raíña Letizia 2015, de Accesibilidade Universal de Municipios.

Obxecto e finalidade

Esta Resolución ten por obxecto convocar a concesión dos Premios Raíña Letizia 2015, de Accesibilidade Universal de Municipios en réxime de concorrencia competitiva, a teor do disposto no artigo 23.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e na Orde TAS/2013/2007, do 28 de xuño, modificada pola Orde SAS/2006/2009, do 20 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión destes premios.

A finalidade destes premios é recompensar aos municipios que desenvolveron un labor continuado, levado a cabo nun período de tempo non inferior a cinco anos, no campo de accesibilidade universal das persoas con discapacidade ao medio físico, a educación, o ocio, a cultura, o deporte, o transporte, o turismo e as novas tecnoloxías da información e da comunicación, programado e avaliado cuxos resultados merezan esta distinción.

Beneficiarios

1. Poderán concorrer a estes Premios todos os Concellos de España nas seguintes categorías:

a) Concellos de ata 10.000 habitantes.

b) Concellos entre 10.001 a 100.000 habitantes.

c) Concellos de 100.001 habitantes en diante.

2. Poderán igualmente concorrer a estes Premios todos os Concellos (Alcaldías) Latinoamericanos nas seguintes categorías:

a) Concellos (Alcaldías) de ata 100.000 habitantes.

b) Concellos (Alcaldías) de 100.001 habitantes en diante.

Os solicitantes non deben estar incursos en ningunha das circunstancias reguladas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Contía

1. Os Premios Raíña Letizia 2015, de Accesibilidade Universal de Municipios disporán para os Concellos de España dunha dotación máxima de 45.000 euros, que será financiada ao 50 por 100 polo Real Padroado sobre Discapacidade e pola Fundación ACS.

O importe para cada unha das categorías establecidas no apartado segundo, punto 1 da presente Resolución, quedará distribuído da seguinte forma:

a) Concellos de ata 10.000 habitantes: 15.000 euros.

b) Concellos entre 10.001 e 100.000 habitantes: 15.000 euros.

c) Concellos de 100.001 habitantes en diante: 15.000 euros.

O importe financiado polo Real Padroado sobre Discapacidade, que ascende a 22.500 euros, serao con cargo á aplicación 26.106.231F.460.00 do orzamento de gastos do organismo para o ano 2015.

2. Os Premios Raíña Letizia 2015, de Accesibilidade Universal de Municipios disporán para os Concellos Latinoamericanos dunha dotación máxima de 30.000 euros, que será financiada polo Real Padroado sobre Discapacidade con 10.000 euros e pola Fundación ACS e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), con 20.000 euros, financiado ao 50 por 100 por ambas as dúas entidades.

O importe para cada unha das categorías establecidas no apartado segundo, punto 2 da presente Resolución, quedará distribuído da seguinte forma:

a) Concellos de ata 100.000 habitantes: 15.000 euros.

b) Concellos de 100.001 habitantes en diante: 15.000 euros.

O importe financiado polo Real Padroado sobre Discapacidade, que ascende a 10.000 euros, (5.000 euros para cada unha das categorías) serao con cargo á aplicación 26.106.231F.490.00 do orzamento de gastos do organismo para o ano 2015.

O importe financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, que ascende a 10.000 euros, (5.000 euros para cada unha das categorías) serao con cargo á aplicación 12.401.05.496.04 do orzamento de gastos do organismo para o ano 2015.

3. Os premios poderán concederse «ex aequo» ou, se é o caso, declararse desertos nalgunhas das categorías sinaladas no apartado segundo desta convocatoria, isto último, se se considera que as candidaturas non reúnen os méritos suficientes para ser galardoados. Neste caso, a dotación económica das declaradas desertas pasará a incrementar a das restantes categorías.

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº. 101244 KB