PREMIOS NACIONAIS DE COMERCIO INTERIOR 2016. PRAZO: 27-06-2016

Data: 

mércores, 27 Abril, 2016 (Todo o día) a luns, 27 Xuño, 2016 (Todo o día)

 

Ministerio de Economía e Competitividade

Orde do 22 de abril de 2016 pola que se convocan para o ano 2016 os Premios Nacionais de Comercio Interior. BDNS (Identif.): 304461.

Obxecto

Os Premios Nacionais de Comercio Interior foron creados por Orde do Ministerio de Economía e Facenda, do 16 de xullo de 1997, con obxecto de recoñecer o especial labor dos Concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial no centro das cidades, dos pequenos comercios no seu labor de desenvolvemento comercial e modernización empresarial, mediante a mellora da tecnoloxía e o asociacionismo comercial orientado á promoción de Centros Comerciais Abertos.

Beneficiarios

Os premios convócanse en tres modalidades:

- concellos 

- centros comerciais abertos

- pequeno comercio

Bases reguladoras

As bases reguladoras dos Premios Nacionais de Comercio Interior atópanse recollidas na Orde ITC/846/2011 do 29 de marzo.

Dotación

O Premio Nacional ao Pequeno Comercio e o Premio Nacional a Centros Comerciais Abertos están dotados con 5.000 euros cada un.

O Premio Nacional a Concellos ten carácter honorífico.

Poderanse outorgar accésit e mencións de cada unha das modalidades que terán carácter honorífico.

Prazo

As candidaturas poderán ser presentadas no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado. 

Descargas: