Data:

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) continúa cos traballos de constitución das súas comisións.
Hoxe constituéronse dúas: a Comisión de Concellos de menos de 20.000 habitantes e a Comisión de Igualdade.
A Comisión de Concellos de menos de 20.000 habitantes e Entidades Locais Menores constituíuse baixo a coordinación de Jose Luis Martinez, alcalde de Ordes e membro da Comisión Executiva da FEGAMP, e contou coa participación de Antonio Fdez. Angueira, director xeral da FEGAMP.
Como principal acordo, a proposta do coordinador dende a comisión se traballará sobre unha futura ordenanza para a protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais en relación coas operacións de saca de madeira, recollendo o xa iniciado hai tempo dende a propia FEGAMP e as achegas que se reciban.
A Comisión de Igualdade constituíuse baixo a coordinación de María Barral, alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta executiva da FEGAMP.
Nesta comisión traballouse a proposta da coordinadora sobre reforzar aos concellos na elaboración dos Plans de Igualdade, contando coa experiencia dos concellos que teñen desenvolvido este asunto e en apoio dos concellos con menos recursos.
Tamén abordouse o Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para facilitar a xestión dos seus fondos dende os concellos.

Sede Electrónica