Data:

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, reuniuse co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, para abordar a posta en marcha da nova Rede de concellos contra o acoso escolar, que empezará a funcionar este curso dentro das accións no marco do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar.
Na xuntanza, á que tamén asistiu a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, púxose de manifesto a necesidade de traballar dun xeito coordinado entre administracións en prol da boa convivencia nos centros educativos. Neste senso, esta nova rede ten que permitir artellar recursos, compartir boas prácticas e ofrecer un apoio coordinado tanto aos centros educativos como ás familias e ao alumnado, garantindo unha intervención máis rápida e efectiva.

Sede Electrónica



