O Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a xestión do Plan de Reforma e Ampliación da rede de Aulas Cemit 2022-2025 supón una oportunidade única para que os concellos conten cunha aula tecnoloxicamente punteira e que a cidadanía dispoña dun espazo flexible e renovado no que adquirir as competencias dixitais para desenvolverse autonomamente e en igualdade de condicións nesta sociedade dixital. Ademáis, a través deste convenio tamén se xestionarán as subvencións aos concellos con aulas de referencia.
As entidades locais que se adhiran a este novo convenio que poderán acceder aos seguintes beneficios:
- A transformación física e arquitectónica dos centros CeMIT.
- A dotación de equipamento tecnolóxico punteiro e innovador (ordenadores all-in-one, pantallas interactivas, tablets, complementos inclusivos para persoas con discapacidade, impresoras 3D, kits de robótica, drons, gafas de realidade virtual…).
- A posta en marcha un novo servizo de aula móbil.
- O reforzo dos servizos dixitais e adaptación da estratexia formativa ao novo Marco Galego de Competencias Dixitais, que entrou en vigor en xaneiro de 2022.
Cómo me adhiro ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede CeMIT?
Para acadar todos estes beneficios as entidades locais teñen que adherise ao Plan de Reforma e Ampliación da Rede CeMIT.
As entidades locais deben solicitar a súa adhesión cumprimentando os anexos dispoñibles na zona de descargas desta páxina, atendendo a se son:
- Entidades locais con aula Cemit de referencia
- Entidades locais con aula Cemit non de referencia
Os anexos debidamente cumprimentados deben presentarse a través da Sede Electrónica da Xunta, polo procedemento PR601A, Convenio Rede Cemit, ata o 31 de xaneiro de 2023.
Entidades locais sen aula CeMIT
A adhesión de novas aulas á Rede CeMIT farase a través un procedemento específico habilitado ao efecto e por concorrencia competitiva, mediante unha convocatoria pública regulada de xeito posterior e independente a este convenio. (Ver cláusula cuarta e Anexo I do convenio).