Os/as alcaldes/as disporán de liña directa ao 112

Data: 

mércores, 13 Decembro, 2017 - 12:00

A Xunta de Voceiros da Fegamp reuníase en Carballo na súa sesión ordinaria do mes de decembro, e deu conta de que a federación acadou un principio de acordo para que os/as alcaldes/as dispoñan de un contacto directo co 112 en situacións como a vaga de lumes do pasado mes de outubro. O presidente da Fegamp deu conta tamén de outros acordos acadados pola Fegamp en materia de emerxencias e contratación de persoal municipal neste outono. Outro dos temas dos que se informou na reunión foi as novedades na asunción dos Centros de Saúde municipais pola Xunta.

 

13 decembro 2017, Carballo .- Este mércores a Xunta de Voceiros da Federación Galega de Municipios e Provincias reuníase no concello de Carballo para celebrar a sesión ordinaria do mes de decembro e onde deu conta dos avances acadados este outono en materia de emerxencias e contratación de persoal municipal.

Liña directa ao 112 para os municipios
Tras a vaga de lumes ocorrida no pasado mes de outubro a Federación Galega de Municipios e Provincias pediu de forma reiterada nas reunións do Grupo de Traballo polas Emerxencias que se habilitase unha liña directa aos servizos de emerxencias para os/as rexedores/as galegos/as A petición, que foi aceptada e porase en vigor ao longo de 2018, viña apoiada polas demandas de varios dos alcaldes/as que sufriron as consecuencias do lume nos seus concellos e que estiveron en algúns casos máis de 6 horas tentando contactar co 112. Os rexedores/as, que na ausencia de mando específico teñen a obriga de tomar o mando, puxéronse á fronte dos dispositivos de extinción e tomaron decisións sobre evacuacións e plans operativos sen ter ningunha información máis que a de un veciño calquera. Por iso, no seo da Comisión Executiva da Fegamp, os alcaldes pediron a tramitación dunha vía de comunicación específica para casos de Emerxencia na que os rexedores podan manterse informados dos pasos a seguir e así poder coordinar co resto de dispositivos de emerxencias as labores precisas cunha información actualizada.
Addenda Convenio GES
A Fegamp ven tamén de acadar unha addenda de 1.000.000 €, atendendo a outra petición feita polo municipalismo galego como era a revisión do financiamento dos Grupos Supramunicipais de Emerxencia (GES) que traía consigo unha subvención europea que dependía de criterios de cumprimento de obxectivos moi difíciles de acadar para os municipios. Na xuntanza do pasado dia 4 de decembro da Comisión de Seguimento do GES aprobouse unha nova distribución dos fondos que financian a estes grupos de emerxencia de forma que agora 1 millón de euros de fondos variables pasará a 1 millón de euros de fondos fixos subvencionados. Isto dotará de maior estabilidade ao financiamento e mellora a xestión diaria do Convenio dos GES como demandaban os alcaldes/as. Esta modificación é de gran importancia para os concellos porque desta forma pasan de ter que xustificar 81.000 € da
subvención recibida atendendo as especificidades dos fondos europeos a poder, coa nova addenda, reducir a 41.000€ esta cantidade. Para as Entidades Locais esta addenda supón a seguridade de contar con financiamento para os 24 municipios que contan con estes grupos.
Con respecto a este mesmo tema do Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) adoptouse tamén un principio de acordo para que os GES continúen a partir de 2019, quedando pendente especificar de qué organismo dependerán, iberando aos concellos desta responsabilidade.
Policías Locais
Pero en cuestións de persoal municipal temos conseguido neste outono máis logros importantes: a Xunta deu no mes de novembro o visto e prace a unha medida proposta pola Fegamp, pola que os concellos galegos que así o desexen podan solicitar á Xunta (a partir do próximo mes de abril de 2018) que organice o proceso de selección e formación dos policías locais, Os concellos deberán previamente comunicar o número de prazas que desexan convocar e as características da convocatoria e a Xunta encargarase de facer o proceso de selección e formación que se desenvolverá na Academia Galega de Seguridade Pública ( Agasp) na Estrada (Pontevedra) e que prevé un aforro aos municipios e aos opositores.
Bosa de Interventores, Secretarios e Tesoureiros
Outro das propostas da Fegamp que se teñen votado para adiante é a creación dunha Bolsa de Persoal de Intervención municipal para cubrir prazas de interventores/as, tesoureiros/as e secretarios/as nos concellos galegos. Para os alcaldes/as era moi difícil cubrir estas prazas debido as características propias de esta labor como a súa formación e a necesidade de ser habilitados nacionais. A aprobación no Consello da Xunta de esta bolsa de traballadores interinos facilitará a contratación deste persoal municipal.
Asunción Centros de Saúde Municipais
Neste outono desde a Fegamp tense logrado tamén un acordo importante no eido da asunción dos Centros de Saúde municipais pola Xunta de Galicia. Nunha reunión levada a cabo entre a Xunta e a Fegamp acordouse asumir directamente por parte da Xunta a totalidade dos Centros de Saúde que completen a documentación requirida. A Asunción farase con cargo ao Fondo Adicional previsto o Fondo de Cooperación Local. A partir do mes de setembro de 2018, a Dirección Xeral da Administración Local fixará os criterios para asumir os gastos, xa sexa mediante criterios obxectivos ou mediante certificación de gasto dos concellos. No caso dos consultorios realizarase un estudo caso a caso da situación concreta de cada un