OS CONCELLOS GALEGOS #PoloBoTrato

Data: 

xoves, 8 Marzo, 2018 (Todo o día)
Imaxe 8M Fegamp 2018

Día 8 de Marzo, día Internacional da Muller. Os concellos galegos queremos tamén amosar o noso compromiso coa non discriminación por razón de xénero e o noso apoio na loita contra a violencia exercida cara as mulleres polo que, coa colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), creamos un decálogo que invita aos concellos a comprometerse coa igualdade entre mulleres e homes.

Desde a Federación Galega de Municipios e Provincias poñemos de novo en marcha a campaña CONCELLOS GALEGOS #PoloBoTrato na que buscamos que as Entidades Locais Galegas se amosen libres de violencias e se adhiran a esta campaña que reivindica o papel da muller na sociedade.

A continuación podes descargar en pdf o manifesto, o cartel da campaña xenérico e o cartel que se pode personalizar para todos os concellos de Galicia. Só tes que elixir o nome do teu concello no seguinte pdf editable:

 

Descargas: