Os concellos galegos confían poder mellorar a situación dos servizos sociais coa xuntanza co ministro de Dereitos Sociais

Data: 

martes, 5 Marzo, 2024 (Todo o día)

A FEGAMP e a Delegación do Goberno en Galicia coinciden na necesidade de dotar aos concellos do financiamento necesario dende Estado e a Xunta para prestar os servizos sociais

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2024.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, recibiu hoxe ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e mantiveron unha xuntanza para avaliar a situación dos servizos sociais desenvolvidos polos concellos galegos.

A xuntanza serviu para salientar a “sobrecarga” que están a padecer as áreas de servizos socias dos concellos e a necesidade de que tanto Estado e Xunta de Galicia reforcen o seu financiamento.

O presidente da FEGAMP  reiterou a súa solicitude de reunión urxente ao ministro de Dereitos Sociais, xa que é preciso que coñeza directamente as “necesidades  dos concellos galegos” e a súa “situación de sobrecarga e de non poder dar máis de si”.

Alberto Varela referenciou a situación de dificultade que padecen os concellos galegos na prestación dos servizos sociais, recibindo una “financiación” menor á necesaria, a pesares de que Galicia é a comunidade “na que máis cartos poñen os concellos” para atendelos.

En concreto, o presidente da FEGAMP sinalou que os concellos fanse cargo do 87% do custo destes servizos, o que ven a supoñer “14 puntos por riba da media nacional”, sendo isto “unha barbaridade” que amosa que se hai servizos sociais é “gracias ao esforzo dos concellos galegos”.

Esta situación de falta de recursos está a repercutir na calidade da prestación dos servizos, con retrasos cando o tempo é fundamental para os usuarios. Por iso, o presidente da FEGAMP confirmou que o modelo dos servizos sociais está “sostido con alfileres” e de seguir así “non se vai poder seguir prestando un servizo de calidade”

A dependencia é o servizo que máis preocupa aos concellos galegos, sendo o servizo da Axuda no Fogar (SAF) o “máis demandado polos galegos”, ao tempo que xa hai casos de concellos que rexeitan horas extraordinarias na ampliación deste servizo ao non poder afrontar o custo das horas ordinarias, saleintou Alberto Varela.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, sinalou ser conscentes desta realidade, sindo imprescindible “colaborar” coos concellos. Lembrou o delegado que o Goberno de España incrementou un 22% os recursos destinados aos concellos, ao tempo que a Xunta de Galicia reduciu as súas achegas, provocando o prexuízo aos concellos galegos.

Pedro Blanco asegurou “recoller” a demanda das entidades locais e está convencido de que a xuntanza co ministro de Dereitos Sociais vaise celebrar o máis cedo posible, xa que o Goberno do Estado é “plenamente municipalista” e moi sensible ás súas demandas.

Xuntanza do presidente da FEGAMP co delegado do Goberno en Galicia