Esta Orde Ministerial establece, entre outras cuestións, o concepto de fito e obxectivo, así como os criterios para o seu seguimento e acreditación do resultado; a etiquetaxe verde e etiquetaxe dixital, dado que Bruxelas esixe destinar unha parte moi importante dos fondos a esas materias; o reforzo de mecanismos para a prevención, detección e corrección da fraude e a corrupción; ou a identificación do perceptor final dos fondos, sexa como beneficiario das axudas, ou adxudicatario dun contrato ou subcontratista.