Data inscrición:
Data curso:
Categoría:
- Colaboración Universidade
Estado:
- Aberto
Docentes: Pilar Luaces Méndez (Consultora); Carlos Teijo García (Prof. Dereito da UE, USC)
Duración: 30 horas. Datas: 27 abril- 15 de maio.
Obxectivos: O obxectivo deste curso é familiarizar aos técnicos da Administración Local, dende unha perspectiva práctica, coas oportunidades de financiamento ofrecidas non só polo FEDER, senón tamén por outras iniciativas comunitarias que inciden no ámbito competencial dos Entes Locais.
Programa.
Módulo I. Prioridades do período de programación 2014-2020. Unha aproximación ás necesidades dos Entes Locais.
Módulo II. Oportunidades de financiamento no período de programación 2014-2020.
2.1. Orientacións para a definición de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable no período 2014-2020 (FEDER).
2.2. Iniciativas comunitarias abertas aos Entes Locais: Life+, Creativa, Erasmus+ Mocidade, Europa cos Cidadáns.
2.3. Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
Módulo III. A xestión de proxectos financiados con fondos da Unión Europea.