O presidente da FEGAMP manifestou a satisfación dos concellos galegos polo anuncio do segundo Fondo Estatal de Investimento feito por Zapatero



 

Santiago, 12 de maio de 2009. O Presidente da Fegamp e alcalde de Ames, Carlos Fernández, mostrou a súa satisfacción polo anuncio, por parte do Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero dun segundo Fondo Estatal de Investimento Local para 2010.Fernández salientou a coincidencia de opinión co presidente da Femp, Pedro Castro, en valorar este xesto do Presidente Zapatero e afirmou que con este compromiso, o Goberno reitera a súa confianza nos Concellos, ao anunciar, no seu discurso do Debate sobre o Estado da Nación, este segundo fondo, dotado con 5.000 millóns de euros, que irá destinado á execución de obras medioambientais, tecnolóxicas, de equipamentos sociais e desenvolvemento da Lei de Dependencia.O Presidente da Fegamp afirmou que está seguro de que desde “os Concellos galegos imos responder a este segundo fondo coa mesma responsabilidade, a mesma eficacia e o mesmo rigor