Data:

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, en nome do municipalismo galego, lamenta profundamente a morte de Xosé Manuel Beiras, referente do nacionalismo galego.
Alberto Varela quere destacar “a súa traxectoria pública, o seu compromiso coa realidade galega e a súa contribución ao debate político e intelectual, que forman parte da memoria colectiva do noso país. A figura de Beiras deixa unha pegada na evolución da Galicia contemporánea e na reflexión sobre a súa identidade, a súa cultura e o seu autogoberno”.
O presidente da FEGAMP quere achegar as súas máis sinceras condolencias á familia, amizades e persoas achegadas, e súmase á dor pola súa perda.
(Foto EFE)






Sede Electrónica