O presidente da Fegamp e os voceiros dos partidos políticos se reunen coa conselleira de Traballo



A contratación municipal de parados que non cobran prestación algunha será axilizada. Así acordárono onte a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Consellería de Traballo, incluíndo a orde con cargo ao plan extraordinario proposto polo presidente da Xunta para contratar a desempregados de longa duración. Sacar unha nova levaría moito máis tempo, sinalou o presidente da Fegamp, o socialista Carlos Fernández, en declaracións a Europa Press tras unha reunión monográfica sobre esta cuestión coa titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Ambos dirixentes se mostraron partidarios de incluír a estes desempregados en sectores como a limpeza forestal, con moita demanda nos concellos; así como na limpeza de ríos e outros espazos naturais. Pódese absorber moita man de obra sen dificultade, valorou Fernández. En labores con c