O PRESIDENTE DA FEGAMP AVOGA POLA MEDIACIÓN ARBITRAL PARA DESBLOQUEAR A NEGOCIACIÓN DOS TRABALLADORES DE CENTROS DEPORTIVOS



Santiago, 3 de febreiro de 2010. O presidente da Fegamp e alcalde de Ames, Carlos Fernández Castro, encargou hoxe aos servizos xurídicos da federación un estudio para a procura dunha mediación eficaz que logre desbloquear o conflito laboral entre os traballadores de centros deportivos e as empresas concesionarias das instalacións municipais.

Os traballadores das instalacións e centros deportivos reclaman a firma dun convenio marco de ámbito galego que regule as súas condicións de traballo, ata o de agora suxeitas a un acordo estatal de mínimos, que, segundo os asalariados, condénaos á precariedade.

O estancamento das negociacións coa patronal de concesionarias derivou en paros intermitentes do servizo, co conseguinte peche das instalacións e logo nunha folga xeral que deu comezo este luns e que se acompaña de accións reivindicativas como a escenificación dun asalto