O presidente da Fegamp asiste á feira do termalismo Termatalia e preside a reunión da sección de Termais da Fegamp



 Carlos Fernández asistiu este fin de semana á oitava edición de Termatalia, que constitúe o principal centro de negocios internacional do sector termal e concentrou estes días en Ourense a oferta de saúde a nivel mundial presentando as últimas novidades en equipamentos, tecnoloxía e I+D aplicada aos centros termais.

   Dentro do estado, destacou a presenza de Vilas Termais de España, a Sección de Concellos con Auga Mineiro Medicinal da Federación de Municipios e Provincias de España, o stand da cal albergou algunha das vilas termais máis representativas de España.

   Termatalia pechou as súas portas despois de recibir case 15.000 visitas, das que se calculan que máis de 2.500 foron profesionais e o resto público en xeral proveniente de Galicia, norte de Portugal e provincias limítrofes. Ademais, calcúlase que a cifra de