O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Ames, Carlos Fernández Castro, inaugura o Congreso Provincial de Medio Ambiente - XXXVI Curso de Saúde Ambiental



 

O Congreso Provincial de Medio Ambiente, enmarcado dentro do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2008, conta co mecenado de Obra Social Caixa Galicia e da Escola Galega de Administración e Estudios Locais da Fegamp. Colaboran o Concello de Lugo, a Deputación provincial, a Universidade de Santiago, a Dirección Xeral de Saúde Pública e Augas de Galicia, así como varias empresas e entidades relevantes de Galicia.

A iniciativa ten como obxecto fundamental contribuír ao desenvolvemento sostible de Galicia, mellorando os aspectos ambientais da saúde dos concellos e con elo a calidade de vida dos seus habitantes.

Están inscritas máis dun cento de persoas, na súa