O IES CARLOS CASARES, GAÑADOR NA MODALIDADE DE DEBUXO, ACOLLE A ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DA FEGAMP E A REDE DE CONCELLOS POLA SOSTIBILIDADE



 

O presidente da Fegamp, Carlos Fernández, preside o acto de entrega dos premios dos concursos organizados pola Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, creada pola organización municipalista e a consellería de Medio Ambiente. Confirmou tamén a súa asistencia a concelleira de Educación de Vigo, Laura López.

O acto terá lugar hoxe venres, día 16, no Instituto Carlos Casares, de Vigo, ás 12 do mediodía. O lugar foi escollido en recoñecemento ao labor colectivo presentado na categoría de 13 a 15 anos por este centro na modalidade de debuxo e que inclinou ao xurado a outorgar de xeito conxunto un premio que valora tanto o traballo artístico como a labor pedagóxica desenvolvida polo profesorado no ámbito da protección do medio ambiente.

O concurso E ti...que pintas no medio? Premia tamén debuxos