
Segundo nos informan dende a Dirección Xeral de Montes, a partir de hoxe a prohibición de utilizar fogos de artificio farase efectiva naqueles concellos con IRDI extremo. O IRDI dos concellos, actualizado diariamente, pódese consultar no seguinte mapa
Lembrámoslle que esta prohibición, tal e como contempla a Lei de prevención e defensa contra incendios, afecta á zona forestal e á súa zona de influencia ( 400 metros arredor da zona forestal). No medio urbano non é de aplicación salvo que existise esa proximidade de 400 metros á zona forestal.
En período de alto risco e con IRDI elevado, a autorización para utilizar fogos de artifico será municipal e supeditada á aprobación da Consellería (Art. 37,Lei 3/2007)
Para unha maior inform






Sede Electrónica