Data:

A FEGAMP e os concellos da Coruña e de Santiago de Compostela propoñen una mesa de negociación para a modificación da normativa tomando como referencia a da Comunidade de Madrid, que a Dirección Xeral de Mobilidade rexeita.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2025.- A secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Patricia Vilán, participou hoxe na reunión coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, na que tamén participaron Noemi Díaz, concelleira de Mobilidade da Coruña; Xan Duro, concelleiro de Mobilidade de Santiago de Compostela. Esta reunión solicitouse dende a FEGAMP como acordo da reunión mantida o pasado 4 de novembro para avaliar a situación creada nas cidades polas autorizacións da Xunta de Galicia para os vtc.
Pola banda da FEGAMP e dos concellos se propuxo constituír unha mesa de negociación na que participen a FEGAMP, as cidades, a representación dos vtc e a Dirección Xeral de Mobilidade para valorar as posibles reformas da normativa regulatoria dos vtc, buscando solucións á problemática creada.
Nesa mesa, e a partires da normativa autonómica e da realidade de cada cidade, podería acadarse un acordo que permita o desenvolvemento desta actividade en beneficio das persoas usuarias e sen prexuízos para os servizos públicos de taxi existentes.
Para iso, sería preciso tomar como referencia as normativas regulatorias aplicadas en outras comunidades autónomas, como Madrid, na que é o goberno autonómico quen regula todas as licencias, non so as interurbanas.
A directora xeral de Mobilidade reafirmou a posición da Xunta de Galicia de non modificar nada en relación á competencia reguladora e, en todo caso, poderían abrirse a valorar a regulación das sancións por incumprimentos.
Ante esta posición cerrada, dende a FEGAMP vaise continuar co acordado cos concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo na reunión mantida o 4 de novembro, para concretar coa colaboración das cidades as modificacións e alternativas precisas para que a actividade dos vtc se desenvolva en condicións óptimas, sen crear problemas con os servizos públicos de taxi existentes.
Con ese fin, dende a FEGAMP se estudiará poder convocar o máis cedo posible unha nova reunión coas cidades na que comezar cos traballos destas propostas modificativas.
Coas propostas de modificación se volvería a retomar o contacto coa Dirección Xeral de Mobilidade, da que se espera a súa disposición para valoralas e telas en conta para unha revisión na regulación dos vtc que sirva a todas as partes (Xunta, concellos, usuarios, vtc e taxis).

Sede Electrónica