MUNICIPIOS AOS QUE SON DE APLICACIÓN AS MEDIDAS PREVISTAS NO REAL DECRETO-LEI 2/2015, DO 6 DE MARZO, POLO QUE SE ADOPTAN MEDIDAS URXENTES PARA REPARAR OS DANOS CAUSADOS POLOS TEMPORAIS DE XANEIRO - MARZO DE 2015. PRAZO: 18-06-2015

Data: 

sábado, 18 Abril, 2015 (Todo o día) a xoves, 18 Xuño, 2015 (Todo o día)

 

Ministerio do Interior

O Real Decreto-lei 2/2015, do 6 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para reparar os danos causados polas inundacións e outros efectos dos temporais de chuvia, neve e vento acaecidos nos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2015, establece un catálogo de medidas urxentes para reparar os danos causados ás persoas e bens afectados polos temporais de chuvia e neve e os fenómenos costeiros e inundacións acaecidos en xaneiro, febreiro e marzo de 2015 en diferentes comunidades autónomas.

Dado que o artigo 1.2 do devandito Real Decreto-lei establece que a determinación dos termos municipais e núcleos de poboación afectados aos que serán aplicables as medidas recollidas neste se determinarán por orde do Ministro do Interior, o obxecto desta norma é proceder á devandita determinación.

Orde INT/673/2015, do 17 de abril, pola que se determinan os municipios aos que son de aplicación as medidas previstas no Real Decreto-lei 2/2015, do 6 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para reparar os danos causados polas inundacións e outros efectos dos temporais de chuvia, neve e vento acaecidos nos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2015.

Neste sentido, a diferente natureza das medidas establecidas polo Real Decreto-lei obriga a distinguir dous ámbitos subxectivos. Así, por un lado, o anexo I desta orde recolle o listado de termos municipais e núcleos de poboación afectados aos que serán de aplicación as medidas establecidas nos artigos 2, 3, 4, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15 e 16 do Real Decreto-lei 2/2015, do 6 de marzo. Por outro lado, o anexo II desta orde recolle o listado de termos municipais e núcleos de poboación afectados aos que serán de aplicación as medidas establecidas nos artigos 5, 6 e 7 do devandito Real Decreto-lei.

Finalmente, de conformidade coa lexislación de procedemento administrativo e tendo en conta o tempo transcorrido dende a entrada en vigor do Real Decreto-lei 2/2015, do 6 de marzo, considerouse conveniente ampliar prudencialmente o prazo previsto nos artigos 2.5 e 3.3 da devandita norma para que os posibles beneficiarios das axudas tramitadas polo Ministerio do Interior soliciten as axudas.

En virtude do exposto, e en uso das facultades conferidas polo artigo 23 da Lei 50/1997 de 27 de novembro, do Goberno, e pola disposición final terceira do Real Decreto-lei 2/2015, do 6 de marzo, dispoño:

Artigo único. Ámbito de aplicación.

1. As medidas establecidas polos artigos 2, 3, 4, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15 e 16 do Real Decreto-lei 2/2015, do 6 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para reparar os danos causados polas inundacións e outros efectos dos temporais de chuvia, neve e vento acaecidos nos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2015, serán de aplicación aos termos municipais e núcleos de poboación aos que se refire o anexo I desta orde.

2. As medidas establecidas polos artigos 5, 6 e 7 do Real Decreto-lei 2/2015, do 6 de marzo, serán de aplicación aos termos municipais e núcleos de poboación aos que se refire o anexo II desta orde.

Disposición adicional única. Habilitación de prazos.

O prazo de dous meses para a presentación das solicitudes a que fan referencia os artigos 2.5 e 3.3 do Real Decreto-lei 2/2015, do 6 de marzo, contarase a partir da entrada en vigor desta orde.

Disposición final única. Entrada en vigor.

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado».

ANEXO I:

Comunidade Autónoma de Galicia

A Coruña:  Aranga.

Lugo: Begonte, Cervantes, Guitiriz, Lugo, O Incio, Outeiro de Rei, Quiroga y Xermade.

ANEXO II:

Comunidad Autónoma de Galicia

A Coruña: Bergondo, Mañón y Miño.

Lugo:

A Pastoriza, A Pobra do Brollón, Abadín, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, O Corgo, O Incio, O Páramo, O Saviñao, O Vicedo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela, Vilalba, Viveiro, Xermade y Xove.

Ourense:

A Gudiña, A Merca, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Teixeira, A Veiga, Amoeiro, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Celanova, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Esgos, Larouco, Laza, Maceda, Manzaneda, Maside, Montederramo, Monterrei, Nogueira de Ramuín, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Ourense, Parada de Sil, Petín, Punxín, Rairiz de Veiga, Riós, Rúa (A), Rubiá, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Rio, Toén, Verea, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia y Xunqueira de Espadanedo.

Pontevedra: Arbo, Mos, Nigrán y Sanxenxo.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº. 93216.78 KB