
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou nunha entrevista realizada na Cadena Ser de Ourense que a cidade das Burgas será, a próxima semana, escenario do Consello de Comunidades Galegas. O encontro reunirá a máis dun centenar de representantes de entidades galegas de todo o mundo.
Durante a entrevista, o secretario xeral tamén recordou que a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense, situada na rúa Concello, intensifica a súa aposta pola atención nesta oficina cun servizo fiscal e tributario básico, ao que se suma a potenciación da atención laboral. A labor desta oficina céntrase no acompañamento e axuda aos galegos do exterior que decidiron retornar a Galicia e comezar unha nova vida.
Máis información:
Entrevista do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, en Cadena Ser de Ourense (14/09/2023) | Descargar mp3