Manifestación de interese en acceder a axudas para actuacións en materia de residuos cofinanciadas polo Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do PRTR

Data: 

martes, 12 Xullo, 2022 - 09:30 a venres, 12 Agosto, 2022 - 14:30

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abre unha manifestación de interese en materia de residuos.

O DOG de 11 de xullo publica a RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022 pola que se invita aos posibles beneficiarios para que manifesten o seu interese en acceder a axudas para actuacións en materia de residuos cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU) para o período 2022-2026.

A restrinxida marxe de actuación no deseño das axudas imposta polo Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente de data do 14 de abril de 2021 de obrigado cumprimento para a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, deviu en que a acollida destas axudas por parte dos eventuais beneficiarios fose menor da desexada. 

Así, co fin de identificar as necesidades reais dos posibles beneficiarios:

1.- Solicítase coñecer o parecer dos posibles beneficiarios respecto das limitacións establecidas no Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente en materia de conceptos financiables, prazos de execución e porcentaxes de financiamento, sen prexuízo de que se pronuncien respecto doutros aspectos do dito acordo, sempre baixo a perspectiva de dar efectivo cumprimento dos obxectivos en materia de residuos marcados na normativa sectorial.

2.- Solicítase aos beneficiarios a presentación de proxectos concretos que, ben cinguíndose ás bases e liñas establecidas no Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, de data 14 de abril de 2021, ou fóra delas, reflictan as necesidades reais daqueles de cara ao efectivo cumprimento, como se ten dito, dos obxectivos en materia de residuos marcados na normativa sectorial.

 

enlightenedPrazo de presentación da manifestación de interese: un mes a partir do día seguinte á publicación.

enlightenedCanle de presentación: Sede electrónica da Xunta de Galicia (Procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).
As solicitudes presentaranse dirixidas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental.

enlightenedConsultas relacionadas coas manifestación de interese: axudas.cmaot@xunta.gal

 

Descargas: