#LuzporlaELA - 2023

Data: 

mércores, 21 Xuño, 2023 (Todo o día)
Imaxe Luzporlaela 2023

A Asociación Galega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica – AGAELA en nome da Fundación Luzón, realiza unha proposta de carácter solidario para o Día Mundial da ELA, que se leva a cabo desde fai varios anos e xunto ás Asociacións de Pacientes do resto de comunidades autónomas, como Comunidad Nacional da ELA, promoven #LuzporlaELA, unha acción de visibilidade nos Concellos de España coincidindo co Día Mundial da ELA, 21 de xuño.

Dita acción consiste en iluminar de cor verde (cor que simboliza a ELA) a maior cantidade de monumentos e edificios emblemáticos de todo o país en apoio e solidaridade coas persoas afectadas pola ELA e deixar constancia de que “La ELA existe”. En 2022, 250 municipios das 17 Comunidades Autónomas participaron iluminando de verde máis de 400 monumentos de toda España. Todo un logro de participación e colaboración conxunta de todos/as.

Este ano, o obxectivo é chegar a máis persoas para que aquelas que aínda non coñecen a ELA poidan facelo, polo que pedimos que apoie esta iniciativa e se sumen á Campaña de sensibilización #LuzporlaELA, iluminando de verde varios monumentos ou edificios pertencentes ao seu concello, poñendo de manifiesto así, non só a beleza do patrimonio do noso municipio, senón tamén o impulso de actividades solidarias en favor de persoas enfermas como as que padecen ELA.

As institucións que desexen sumarse a esta iniciativa, poden comunicar a súa adhesión enviando un correo electrónico a participa@luzporlaela.es. Na web www.luzporlaela.es, un mapa actualizará cada día as poboacións participantes.

Por parte da Asociación, apoiarán a campaña con diferentes accións de comunicación a nivel nacional e tamén a nivel local. 

Máis información na seguinte ligazón: https://agaela.es/