#LuzporlaELA

Data: 

domingo, 21 Xuño, 2020 (Todo o día)
Cartel Ela

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – AGAELA, no nome dos seus asociados co obxectivo de realizarlles ás Entidades Locais Galegas unha proposta de carácter solidario para o Día Mundial da ELA, organiza unha acción solidaria #LuzporlaELA.
Como xa se sabe, a ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica) probablemente sexa unha das enfermidades máis devastadoras ás que se pode enfrontar calquera persoa e calquera familia. Por iso, parécelles fundamental darlle visibilidade e que a sociedade comprenda a que se enfrontan os enfermos e as súas familias ante este fatal diagnóstico.
Así, este é o motivo polo que desde fai dous anos, e xunto ao resto de Asociacións de Pacientes e a Fundación Francisco Luzón, como Comunidade Nacional da ELA, estamos promovendo #LuzporlaELA, unha acción de visibilidade nos Concellos de España e, neste caso, en colaboración con cada Concello, coincidindo co Día Internacional da ELA, 21 de xuño.
A acción consiste en iluminar de cor verde (durante a fin de semana do 20 e o 21 de xuño) a maior cantidade de monumentos e edificios emblemáticos de todo o país en apoio e solidariedade coas persoas afectadas pola ELA e deixar constancia de que “A ELA existe”.

En 2019, 210 municipios das diferentes Comunidades Autónomas participaron iluminando de verde 305 monumentos de toda España, entre os que se atopaban a Fonte de Cibeles, a Praza de España de Sevilla, o Arco de Santa María de Burgos, os Concellos de Barcelona ou Donosti, a Deputación da Coruña ou a Torre de Hércules, o Templo de Diana de Mérida, o Palacio da Madalena de Santander, o Teatro Campoamor de Oviedo e outros edificios do sector privado.

Este ano, o obxectivo da Asociación é chegar a máis persoas para que aquelas que aínda non coñecen a ELA poidan facelo, polo que lle piden que apoie esta iniciativa e se sume á Campaña de Sensibilización #LuzporlaELA, iluminando de verde varios monumentos ou edificios pertencentes ao seu Concello, poñendo de manifesto así, non só a beleza do patrimonio do concello, senón tamén o impulso de actividades solidarias en favor de persoas enfermas como
as que padecen ELA.

Por parte da Asociación, apoiarán a campaña con diferentes accións de comunicación a nivel nacional e tamén a nivel local.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Carta concellos463.03 KB