Lugo tamén "cambia de bando"

Data: 

luns, 1 Decembro, 2025 (Todo o día)

Lugo, 1 de decembro de 2025.- Continúan os traballos da iniciativa "Cambia de Bando" da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), chegando nesta ocasión a Lugo cunha actividade na que participaron case unha trintena de mozos e mozas de máis de 14 anos do IES Anxel Fole, e que comezou coas intervencións da concelleira, Angeles Novo, e da secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán.

A actividade organizouse en colaboración co persoal do IES e da Concellería de Muller, Igualdade e Inclusión . Dende a FEGAMP quérese salientar a implicación e interese do Concello de Lugo nesta iniciativa.

Con actividades como esta ao longo deste ano estase a recoller a mostra necesaria do cuestionario "Canto machismo tes" para poder realizar un estudio sobre a percepción do machismo e da igualdade dos mozos e mozas.

Este proxecto está sendo desenvolvido dende a colaboración cos concellos e promove a igualdade de xénero e a loita contra o machismo a través da sensibilización e a educación dirixida á mocidade.