O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas publicou os datos correspondentes á liquidación de Orzamentos dos concellos galegos no 2013.
Mención especial hai que facer, un ano máis, ao IBI urbano, que mantén a súa liña ascendente, o que lle confire un peso específico cada vez maior dentro dos ingresos municipais.
En materia de gasto, Benestar Comunitario, Vivenda e Urbanismo e Servizos Sociais seguen a ser os grandes protagonistas dentro dos orzamentos dos concellos.
Cabe apuntar que ás cifras que se reflicten neste artigo, habería que engadirlles aquelas funcións que os concellos desenvolven, nalgúns casos, a través das Mancomunidades, Consorcios, Empresas Municipais e Deputacións Provinciais.
Nestes Orzamentos aínda non se poden apreciar os efectos derivados da Lei de Racionalidade e Sostibilidade da Administración Local, aprobada a finais do ano 2013.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 235.2 KB |