LIÑA DE AXUDAS PARA O APOIO DA ACTIVIDADE COMERCIAL EN ZONAS RURAIS. PRAZO: 06-10-2021

Data: 

martes, 14 Setembro, 2021 (Todo o día) a mércores, 6 Outubro, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

Orde ICT/950/2021, do 10 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras da liña de axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais e procédese á súa convocatoria no ano 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. BDNS ( Identif.): 583167.

Obxecto

A presente convocatoria ten por obxecto apoiar a implementación, modernización e fomento da actividade comercial en zonas rurais, mellorando a competitividade, sustentabilidade e diversificación da economía rural.

Beneficiarios

Poderán acollerse ás axudas establecidas nesta convocatoria as seguintes entidades locais:

Os municipios, con poboacións de ata 5.000 habitantes conforme aos datos do Real Decreto polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal vixente no momento da solicitude ou colectividades destes.

As provincias e illas a través das deputacións provinciais e forais, os cabidos e consellos insulares sempre que a media simple da poboación dos municipios nos que se expoña a actuación ou proxecto non supere os 5.000 habitantes.

As comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios, nos que a media simple da poboación dos municipios nos que se expoña a actuación ou proxecto non supere os 5.000 habitantes, instituidas polas comunidades autónomas de conformidade coa Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e os correspondentes Estatutos de Autonomía.

Proxectos subvencionables

Os proxectos subvencionables no marco deste Programa incluirán:

a) Proxectos para a transformación dixital do comercio rural que melloren o mercado omnicanal, a experiencia de compra, e fomenten e dean visibilidade á oferta comercial impulsando o consumo local.

b) Proxectos de obras e reacondicionamento para mellorar as instalacións, a súa accesibilidade, equipamento e adecuación, das zonas ocupadas polos mercados municipais, áreas comerciais e mercados non sedentarios, así como as súas zonas adxacentes.

c) Proxectos para reducir o consumo de insumos por parte do comercio e a substitución destes por alternativas respectuosas co medio ambiente.

d) Sensibilización e formación en competencias tecnolóxicas.

Orzamento e límites das axudas para conceder

1. Os proxectos de investimento que se presenten para ser obxecto de financiamento deberán enmarcarse en, polo menos, unha das categorías de gasto contempladas no artigo 8 da presente orde, levarse a cabo no territorio nacional e ter un valor mínimo de:

a) 250.000 euros para as deputacións, consellos e cabidos insulares.

b) 100.000 euros para as comarcas e consellos comarcais.

c) 50.000 euros para os municipios de menos de 5.000 habitantes.

2. A axuda que se conceda imputarase á aplicación orzamentaria do programa 20.50.430A.76302 dos Orzamentos Xerais do Estado para cada exercicio da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, procedentes do Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia, ou o seu equivalente nos Orzamentos Xerais do Estado para cada exercicio.

3. A concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

4. O proxecto poderá ser cofinanciado polo beneficiario da axuda e pola comunidade autónoma no que se atope situado, podendo alcanzar este apoio ata o 40 por cento do orzamento financiable do proxecto.

5. O importe do financiamento para conceder segundo estas bases reguladoras será dun mínimo do 60 por cento e un máximo do 100 por cento sobre o orzamento do proxecto que fose considerado financiable.

6. En calquera caso, o importe do financiamento non poderá superar o custo da actuación.

Prazo de presentación de solicitudes

As candidaturas poderán ser presentadas desde o día seguinte á data de publicación deste extracto da orde de convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» ata o día 6 de outubro de 2021, inclusive.

A solicitude realizarase de maneira electrónica a través da sede electrónica do ministerio, a través do seguinte link: https://sede.serviciosmin.gob.es/es-https://sede.serviciosmin.gob.es/ registroelectronico

Descargas: