IX Xornada de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios 2025

Data: 

venres, 11 Abril, 2025 (Todo o día)
Cartel

A IX Xornada de Xestión Deportiva para Pequenos e Medianos Municipios terá lugar o próximo venres, 11 de abril, na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela) a partir das 9:00 horas.

Está organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), coa colaboración de Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España (FAGDE) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

OBXECTIVOS

- Identificar os riscos e a súa prevención na dirección e xestión das instalacións deportivas municipais.

- Establecer os criterios e procedementos que garantan a seguridade nas actividades deportivas que organiza ou promove un concello.

- Garantir a idoneidade e seguridade das instalacións deportivas de céspede e, en especial, dos campos de fútbol.

INSCRICIÓN

- A inscrición será gratuita mediante invitación de AGAXEDE ou FEGAMP, ata o día 8 de abril, cubrindo este formulario

As persoas asistentes recibirán un DIPLOMA acreditado pola ESCOLA GALEGA DO DEPORTE.

 

Programa da xornada: https://fegamp.gal/sites/default/files/artigos/descargas/programa.png

Máis información: https://www.agaxede.org/gl/evento/ix-xornada-de-xestion-deportiva-para-pequenos-e-medianos-municipios-2025/

Descargas: 

ArquivosTamaño
Image icon Programa da xornada349.65 KB