IV ENCONTRO CIBERGAL - CIDADE DA CULTURA - SANTIAGO

Data: 

mércores, 6 Novembro, 2024 (Todo o día) a venres, 8 Novembro, 2024 (Todo o día)

 

A cuarta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, celebrarase os días 6, 7 e 8 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán e as inmediacións exteriores, que albergarán actividades dinámicas sobre ciberseguridade para todos os públicos. Organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridade, o IV Encontro CIBER.gal ofrece talleres, conferencias, paneis de debate, representacións teatrais e concursos de ciberseguridade. Acollerá a entidades públicas e privadas de referencia no campo da seguridade da información e actividades destinadas para todos os públicos: Administración Pública, tecido empresarial e cidadanía. Contará coa participación de recoñecidos profesionais como Chema Alonso, David Amor e Esther Estévez, e realizaranse sorteos entre todos os asistentes presenciais. 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PROGRAMA + INSCRICIONS1.46 MB