IV CONGRESO APLU: DISCIPLINA URBANÍSTICA: Cuestiones de Actualidad a Debate

Data: 

luns, 28 Maio, 2018 - 10:00 a mércores, 30 Maio, 2018 - 12:30

Informámoslles da convocatoria e próxima celebración do IV Congreso APLU: “DISCIPLINA URBANÍSTICA: Cuestións de actualidade a debate” que se celebrará os días 28, 29 e 30 de maio de 2018, na cidade de Santiago de Compostela, e no que intervirán relatores de recoñecido prestixio que poden coñecer no programa que se adxunta. Este IV Congreso, na liña dos xa anteriores, propón un lugar de encontro no que analizar temas de máxima actualidade desde unha perspectiva multidisciplinar e integradora; un foro enriquecedor para relatores e participantes, a través do cal compartan os seus problemas e inquietudes nun ámbito tan complexo como o do urbanismo.

Para a consecución deste obxectivo, nesta edición, abordaranse temas de máxima relevancia, tales como o marco constitucional no que as distintas Administracións Públicas deben exercer as súas competencias urbanísticas, a interrelación do urbanismo co medio ambiente e, particularmente, o seu papel fronte ao cambio climático, as dificultades prácticas coas que se atopan os operadores urbanísticos na esfera da intervención administrativa, así como unha análise das medidas necesarias para adaptarnos aos novos retos. Toda a información relativa ao IV Congreso atópase dispoñible na web da APLU http://www.axenciaurbanistica.es , web a través da cal debe realizarse a inscrición.

As prazas están limitadas ao aforamento do local e a matrícula estará aberta ata as 15.00 horas do día 18 de maio.

En todo caso, para calquera cuestión ou aclaración poden dirixirse á dirección de correo electrónico congreso.aplu@xunta.gal ou ao teléfono 981 544 325”.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do congreso1.63 MB