IV ADDENDA AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE AMTEGA E FEGAMP PARA A XESTIÓN DO PLAN DE REFORMA E AMPLIACIÓN DA REDE DE AULAS CeMIT CARA A PLENA CAPACITACIÓN DIXITAL DA SOCIEDADE GALEGA 2022-2025

 

Esta Adenda ten entre os seus obxectivos, establecer a colaboración entre a AMTEGA e a FEGAMP para a cesión de equipamento informático por parte da AMTEGA procedendo á cesión gratuíta a favor de FEGAMP daquel equipamento desa natureza que xa non sexa necesario para o seu uso na administración, xa amortizado con valor cero no seu inventario e que se considere que aínda puidera ser reutilizable por outras persoas tras un reacondicionamento.

A cesión do equipamento, dará paso a un proceso de solicitude de equipamento informático, dirixido a colectivos sen ánimo de lucro para a realización de actividades que se axusten a algún dos seguintes obxectivos:
-     Promover o software libre e a soberanía dixital.
-     Facer fincapé no uso e consumo responsable dos equipos electrónicos e promover o alongamento da súa vida útil, para diminuír os residuos electrónicos.
-     Contribuír á redución da fenda dixital e promover unha sociedade dixital máis igualitaria.
-     Contribuír na mellora do acceso a medios tecnolóxicos para o fomento do talento dixita

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon IV Addenda385 KB
PDF icon Anexo I118.81 KB
PDF icon Anexo II124.3 KB
PDF icon Anexo III115.83 KB
PDF icon Procedemento AMTEGA-FEGAMP102.47 KB