Data:
A Xunta Consultiva de Contratación Pública do Estado emitiu con data 23 de decembro, unha Instrución na que se detallan aspectos a incorporar nos expedientes e nos pregos reitores dos contratos financiados con fondos do Plan de Recuperación, Transformación Resiliencia (PRTR). Como se indica na propia Instrución, é vinculante para o sector público estatal, pero se aproba co ánimo de incrementar a seguridade xurídica e de que se utilice de guía para unha aplicación uniforme por parte de todo lo órganos de contratación.
Ademais, na instrución se analizan os contidos das Ordes HFP/1030/2021 e HFP/1031/2021, nos aspectos mais relevantes para a contratación pública, especificando cales son as actuacións mais importantes que impoñen a cada órgano de contratación durante a selección do contratista e na execución do contrato público. A aplicación das normas alcanza os contratos públicos que liciten as entidades que integran o sector público de acordo con artigo 2.1 da Lei 40/2015, incluido o sector público das Corporacións Locais e a outros axentes implicados na execución do PRTR como perceptores de fondos.
En relación cos contratos públicos a Instrución cita e resume as obrigas en 3 apartados:
I. Actuacións impostas ao órgano de contratación ou entidade executora
II. Aspectos a incluir nos pregos reitores do contrato
II. Aspectos a incluir no expediente de contratación
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
INSTRUCIÓN | 439.14 KB |