INFORME SOBRE O CRITERIO DNSH ( DO NOT SIGNIFICANT HARM PRINCIPLE) FONDOS NEXT GENERATION

 

A FEMP elaborou un informe sobre o "Principio de non causar un dano significativo",   DNSH (“Do  not  significant  harm  principle”, polas súas siglas en inglés) que deben de cumprir todas as actuacións que se executen dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia ( PRTR).

É un principio recollido no artigo 17 do Regulamento 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de xuño de 2020 relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

 

Os obxectivos sobre os que o principio  DSNH actúa son seis obxectivos ambientais:

  • A mitigación do cambio do cambio climático
  • A adaptación ao cambio climático
  • O uso sostible e a protección dos recursos hídricos e mariños
  • A economía circular
  • A prevención e control da contaminación
  • A protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas

Para asegurar que se cumpre o principio  DNSH en todas as fases do proceso, hai que facer constar o compromiso de administracións públicas, empresas e particulares a non desenvolver actuacións contrarias ao mesmo. Así pois, deben incluírse previsións respecto diso en todos os instrumentos xurídicos de execución do Plan:

  1. En subvencións: nas bases reguladoras e nas convocatorias
  2. En procedementos de contratación pública: nos pregos de cláusulas administrativas e, no seu caso, no prego de prescricións técnicas
  3. En Acordos de Consello de Ministros para autorizar distribución de fondos a entes territoriais, Acordos de Conferencia Sectorial, e instrumentos que os desenvolvan
  4. En convenios, encargos, encomendas e calquera outro instrumento xurídico de execución do  PRTR

 

Fonte: FEMP

Data: 30 de novembro de 2021

 

Descargas: