Inauguración do Curso Axenda 21 Local.



O Curso inaugurouse onte coa presenza de D. Carlos Antonio Fernández Castro, Presidente da FEGAMP e de Dna. Regina Polín, Alcaldesa de Guitiriz e Presidenta da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade. Este desenvólvese baixo a dirección de Pedro Vega Marcote, Profesor da Universidade da Coruña.

Os 31 alumnos/-as inscritos, procedentes de diversas entidades locais galegas e de outras entidades vinculadas ao Medio Ambiente, profundizarán ó longo desta semana nas estratexias básicas para a posta en marcha das Axendas 21 Locais.

O vindeiro xoves día 2 de abril, terá lugar o intercambio de experiencias coa participación do Concello de Nigrán, o Consorcio As Mariñas e o Grupo de Acción Local Euroeume.