III Premio ás boas prácticas locais pola biodiversidade

Data: 

sábado, 10 Abril, 2021 - 09:00 a venres, 30 Abril, 2021 - 14:00

A FEMP convoca o “III Premio ás Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade” co obxectivo de recompilar e difundir as actuacións desenvolvidas polas Entidades Locais españolas no campo da conservación e o incremento da biodiversidade. Así mesmo, preténdese recoñecer ás Entidades Locais españolas os seus esforzos na protección da biodiversidade.

O Premio está dirixido a Concellos, Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares adheridos á Rede Española de Gobernos Locais +Biodiversidade que cumpran coas Bases do presente concurso.

Data  límite para a presentación das propostas: 30 de abril de 2021. 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon basesiiipremiobbppbiodiversidad.pdf212.56 KB