III FÓRUM RIES 18

Data: 

xoves, 25 Outubro, 2018 (Todo o día)
Cartel Forum RIES 18

O próximo día 25 de outubro terá lugar en Pontevedra o III FORUM RIES 2018 co lema “Cidades intelixentes, saudables e amigables: garantir unha vida sana e promover o benestar en todas as idades”.

RIES é o fórum internacional de referencia a nivel autonómico e nacional para abordar os retos e oportunidades do ecosistema da saúde. Liderado polo CSG (Cluster Saúde de Galicia) será sen dúbida o marco ideal para analizar o impacto que as cidades teñen na mellora da saúde e a calidade de vida dos seus habitantes, os novos métodos de relación socio sanitaria, os modelos de negocios orientados ás persoas e a posibilidade de crear novos servicios orientados aos cidadáns, do que se espera teña unha gran repercusión mediática.

É un Foro aberto aos profesionais, empresas, usuarios e todos os grupos interesados na saúde e o benestar dos cidadáns, será unha oportunidade única para compartir coñecementos, experiencias e expectativas de negocio , ademais de disfrutar da beleza, cultura, arte e gastronomía que ofrece nesta cidade.

Dado o contido do progama e o interese que este tipo de proxectos van a xerar, o Clúster Saúde de Galicia cre que as institucións locais deben de estar presentes neste foro. Por iso ofrecen unha redución do 50% , a todos as persoas pertencentes á administración local, no prezo das inscricións que inclúen a asistencia a todas as conferencias, cafés, comida de traballo e workshop da súa elección (pode consultar o programa en pdf a continuación).

Este desconto exténdese ata o 22 de outubro ou ata completar aforo, e para poder disfrutarlo sinale no momento da inscrición o código RIES50. 

A entrada pode comprarse no seguinte enlacehttps://forumries.com/evento/compra-de-entradas/ . Deben indicar no apartado de comentarios a entidade local á cal pertence.

Para calquera aclaración ou dúbida, pódense poñer en contacto co departamento: comunicacion@forumries.com 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do Foro108.19 KB