Data:

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, estamos a organizar unha nova xornada titulada "A saúde en todas as políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde" que se celebrará o vindeiro 3 de outubro en Santiago de Compostela na sede da EGAP.
Xornada dirixida a:
1. Responsables políticos dos concellos de Galicia (alcaldes e concelleiros).
2. Responsables e persoal técnico das áreas relacionadas cos determinantes de saúde:
- Concellos.
- Deputacións provinciais.
- Consellerías da Xunta de Galicia.
- Outras Comunidades Autónomas.
3. Asociacións e organizacións cidadáns.
Programa, prazos e inscricións no seguinte enlace: http://www.sergas.es/Saude-publica/II-Xornada-A-saude-en-todas-as-politicas